A Concellería de Medio Ambiente presenta Camiño a Camiño de Outono, que arranca o 19 de setembro

 A Concellería de Medio Ambiente ven de presentar a tempada de Outono 2021 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño"

Entre setembro e novembro están previstos paseos interpretativos medioambientais por Vigo e polas serras da bisbarra. Os percorridos durarán entre 2 horas e media e 3 horas e media e nesta edición serán todos lineais, motivo polo que se retomará o emprego de autobús para desprazarse a facer as rutas.

Nas catro primeiras rutas abordarase en etapas a Senda Panorámica de Vigo (GR-53),  realizando en total aproximadamente 40km. Durante o percorrido terase ocasión de coñecer a riqueza natural da senda que une a maioría dos Parques Forestais localizados nos montes de Vigo. Trátase dunha senda singular pois para ser un Gran Percorrido cómpre contar con máis de 50 kilómetros e, chamativamente, a gran maioría descorre polo termo municipal de Vigo.

Nas catro seguintes rutas abordaranse as serras da bisbarra de Vigo (Suído, A Groba, Galleiro e Galiñeiro), na que se vai comprender como a conformación xeolóxica da comarca condiciona a paisaxe, a climatoloxía, a vexetación, a agricultura e en definitiva o particular lugar onde vivimos.


No programa que se achega (PREMER para descargar) atópase o detalle das actividades previstas. A convocatoria nesta edición é na Praza do Rei para desprazarnos en autobús. 

O primeiro percorrido terá lugar entre Vigozoo e o Parque Forestal de Bembrive (domingo 19 de setembro, pola mañá) 

Dende o luns 13 de setembro xa se pode facer a inscrición no 010 (986 81 02 60), sendo 100 as prazas dispoñibles por ruta. O procedemento de inscrición pódese consultar AQUI.

O día do percorrido, as persoas inscritas previamente no 010, personaranse na Praza do Rei: 8:30 hora de convocatoria para a inscrición e 9:00 saída do autobús. O retorno será variable segundo o percorrido. Nas primeiras rutas pode ser sobre as 13:00 horas. 

Nombre

Avisos,3,Fotos,89,Novas,209,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: A Concellería de Medio Ambiente presenta Camiño a Camiño de Outono, que arranca o 19 de setembro
A Concellería de Medio Ambiente presenta Camiño a Camiño de Outono, que arranca o 19 de setembro
Programación de outono 2021 de Camiño a Camiño, Programa de educación medioambiental do Concello de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjKBD9SlW8oX9qm-SocqsYONiVxNl7xm5isVik-0serzOkhR8Wzz6a5dolY7qrU9thfoqoKEbA9PN2-GkyOGdRrEy3_ZRwFC7-rd7HF-GS9YAp7B_GDYfNzhM8OGU_CZ2y-FEXe1XhXUoVq/w640-h426/2021-06-20+SL+Oia-Saians-53.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjKBD9SlW8oX9qm-SocqsYONiVxNl7xm5isVik-0serzOkhR8Wzz6a5dolY7qrU9thfoqoKEbA9PN2-GkyOGdRrEy3_ZRwFC7-rd7HF-GS9YAp7B_GDYfNzhM8OGU_CZ2y-FEXe1XhXUoVq/s72-w640-c-h426/2021-06-20+SL+Oia-Saians-53.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2021/09/a-concelleria-de-medio-ambiente.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2021/09/a-concelleria-de-medio-ambiente.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar