Prosigue a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, coa segunda etapa da Senda Panorámica de Vigo (GR-53) entre o Parque Forestal de Bembrive e o Parque Forestal de Beade.
O día acompañou e tivemos ocasión de comprobar como é o anel verde dende os montes de Bembrive, no límite con Tameiga-Mos -por onde pasa parcialmente o GR-53-, e os montes de Beade. Tamén poidemos comprobar como diversas infraestructuras se atopan localizadas nestes montes: Universidade de Vigo, Círculo Mercantil e a polémica Cidade deportiva do Celta.
Tamén gozamos de vistas panorámicas dende o Parque forestal de Beade como a seguinte:
Outras instantáneas desta segunda etapa atópanse neste ENLACE, entre as que destacan as seguintes: