Camiño a Camiño - Senda Panorámica de Vigo_Etapa 3: P.F.Beade - P.F.Monte dos Pozos

O vindeiro domingo, 3 de outubro, terceira etapa da Senda Panorámica de Vigo (GR-53), entre  o Parque Forestal de Beade e o Parque Forestal do Monte dos Pozos, pasando por Zamáns, Monte Cepudo e Monte do Alba.  Este percorrido interpretativo enmárcase na programación de Outono'21 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo. 

Nesta terceira etapa a distancia vai ser de 12,4 km, de alta dificultade. Por este motivo vanse habilitar dúas opcións: unha completa, que incorpora a forte subida ao Monte do Alba, e outra máis reducida (9km) que evita a subida apoiándose no autobús que acompaña. En todo caso, entraremos no tramo de contrastes intersantes: por un lado o fondo do val en Zamáns e por outro, uns dos picos máis emblemáticos de Vigo e con mellor panorámica 360º. Tamén veremos o contraste entre os montes maduros de Beade e Zamáns e os montes queimados de Zamáns e Valadares. Toda unha experiencia.

Seguiremos con protocolos covid-19, se ben xa retomaremos os traslados en autobús dende a Praza do Rei para así poder realizar rutas lineais.

Vistas dende Monte dos Pozos cara Beade e Zamáns, incluído PTL e Galiñeiro

INSCRICIÓN (100 prazas)

- Dende luns 27 setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Actividade gratuíta.

- ATENCIÓN: é unha ruta de dificultade media-alta e por tal motivo é importante comprobar as súas características para ver se se adapta ás capacidades do/da participante.

- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.

Vistas de Vigo dende o campo das Esculturas (falda Monte Alba) no seu tránsito polo GR-53

SENDA PANORÁMICA DE VIGO. ETAPA 3. P.F. BEADE- P.F. MONTE DOS POZOS

✔ Domingo 3 outubro

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 13:00 (aprox)

🏃 Percorrido principal: 12,4 km, pendente media 7,8%, dificultade media-alta | Percorrido alternativo (con apoio de autobús): 9 km

👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo e bastóns




Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño - Senda Panorámica de Vigo_Etapa 3: P.F.Beade - P.F.Monte dos Pozos
Camiño a Camiño - Senda Panorámica de Vigo_Etapa 3: P.F.Beade - P.F.Monte dos Pozos
Ruta pola Senda Panorámica de Vigo (GR-53). Etapa 3: PF Beade- PF Monte dos Pozos. Camiño a Camiño, da Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg5Q_HEx9ZAVH_Y8KX-OKUVaSrep3g5qRkXx9YMwnMo_ZiOcO7VxVDXdRA0WsZu1WimDYcCTPv9tYrRTlc0KYuTrRPUuSj3q_bIfZspyS0hmC1WteqPkrYGVh7uyKcMnhH5apMBCCbUxKb-/w640-h144/2021-06-05+Panoramica+PTL-Gali%25C3%25B1eiro-1.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg5Q_HEx9ZAVH_Y8KX-OKUVaSrep3g5qRkXx9YMwnMo_ZiOcO7VxVDXdRA0WsZu1WimDYcCTPv9tYrRTlc0KYuTrRPUuSj3q_bIfZspyS0hmC1WteqPkrYGVh7uyKcMnhH5apMBCCbUxKb-/s72-w640-c-h144/2021-06-05+Panoramica+PTL-Gali%25C3%25B1eiro-1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2021/09/paseo-03-gr53-pfbeade-pfmontedospozos.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2021/09/paseo-03-gr53-pfbeade-pfmontedospozos.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar