Este martes 15 de marzo iniciouse na horta de Navia a tempada de hortas urbanas promovidas pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
Estivo presente a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, que deu a benvida ás persoas inscritas da tempada anterior, así como a un grupo de novos horteláns que participaron no curso de iniciación ás hortas urbanas previsto.
O proxecto de hortas urbanas abrangue un total de seis hortas (Navia, Pedro Alvarado, Fontáns, Sardomela, Ramón Nieto e Camelias), cunha superficie de máis de 16.000 m2 e unha participación que alcanza 300 usuarias e usuarios. Todas elas póñense a funcionar a partir desta semana.
Algúns dos traballos previstos para as vindeiras semanas son o acondicionamento dos bancais das persoas participantes para, de seguido, principiar cos cultivos de primavera (tomate, pemento, berenxena, leituga, cabaciño, etc).