Arranca a tempada de outono 2022 coa Senda das Greas

 Co arranque do mes de outubro tamén bota a andar a programación de Camiño a Camiño para o outono 2022 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo. 

Nesta edición vaise realizar a Senda das Greas (GR-58) en 7 etapas, cubrindo un total de 75 km dos máis de 200 km que ten este sendeiro de gran percorrido ao longo dos concellos da Área Metropolitana de Vigo (ver programación completa AQUI). Pasarase por algúns espazos de grande interese natural e paisaxístico, así como por algúns puntos que nos van retrotraer a cando o sur de Pontevedra foi o primeiro reino medieval de Europa. 

Na primeira etapa a celebrar o 2 de outubro circularemos dende Vigozoo ata San Esteban de Negros (Redondela), atravesando os montes de Candeán e de San Esteban de Negros, e achegándonos a un espazo particularmente interesante dende a perspectiva patrimonial. En concreto, pasaremos pola mámoa de Vixiador e pola mámoa do Rei, así como polo Castro de Negros. 

Tamén teremos ocasión de gozar das panorámicas dende o miradoiro do Castro de Negros, dende onde se pode visualizar dende a Ensenada de San Simón ata a Serra do Galleiro e o Val da Louriña.

Foto de Camiño a Camiño polos montes de Candeán

INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)

- Dende luns 26 de setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda.


SENDA DAS GREAS. ETAPA I: VIGOZOO - SAN ESTEBAN DE NEGROS 

✔ Domingo 2 de outubro

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores  AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:00 (aprox)

🏃 Percorrido: 9,8 km; pendente media 5,9% / -7,9%; pendente máxima 17,1% / -42,2%; desnivel 237m / -529m; dificultade media-baixa

👉 Recomendación: levar bastóns dada a forte pendente de baixada na parte final do percorrido.


Nombre

Avisos,2,Fotos,83,Novas,199,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Arranca a tempada de outono 2022 coa Senda das Greas
Arranca a tempada de outono 2022 coa Senda das Greas
Senda das Greas. Etapa 1 Vigozoo - San Esteban de Negros. 2 outubro 2022. Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg3VHo8_tF8A5JJRQNN8TMg8DM8qto1rWSL45lodNdZA307FEUP4zaFbLCx2toG1z1IiKshNenLGH4gSQ9qM4A6HzrEKbozVMS_OPLfQznc2DdYxLlzXho_7bykc0jXuavIHIt8bhH--uMViKIuEjbHGEG_BOvA_7b5KRDl_Awe81lXkzjA2SeMhxLkww/w640-h426/2021-05-09%20SL%20Cande%C3%A1n-16.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg3VHo8_tF8A5JJRQNN8TMg8DM8qto1rWSL45lodNdZA307FEUP4zaFbLCx2toG1z1IiKshNenLGH4gSQ9qM4A6HzrEKbozVMS_OPLfQznc2DdYxLlzXho_7bykc0jXuavIHIt8bhH--uMViKIuEjbHGEG_BOvA_7b5KRDl_Awe81lXkzjA2SeMhxLkww/s72-w640-c-h426/2021-05-09%20SL%20Cande%C3%A1n-16.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2022/09/senda-das-greas-etapa-1-outono-.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2022/09/senda-das-greas-etapa-1-outono-.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar