A Concellería de Medio Ambiente de Vigo, a través do programa Camiño a Camiño, arranca a súa tempada de outono 2025 cunha proposta de combinar percorridos por Vigo e polo entorno da Depresión Meridiana. A intención é coñecer de preto o noso entorno, tanto como visitante aos espazos naturais próximos.
(1) Percorridos de mañá (gratuíto, ata 150 prazas): Saída 9:00 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 8:30. Retorno estimado: entre 14:00 e 15:00h, na Praza do Rei. Desprazamento autobús discrecional gratuíto
Inscrición e Funcionamento:
Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade (agás actividade aberta da Senda Azul do Lagares). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.
Sistema de adxudicación de prazas: un/unha participante non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade.
Recollida do ticket de viaxe: ao coller o autobús na Praza do Rei ou no Punto de Encontro.
Renuncia á inscrición: no caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23. Non facelo pode supór a limitación á participación en actividades posteriores.
Paseos pola Senda Azul do Río Lagares
Nesta edición, entre o 1 e o 31 de outubro retomaránse os paseos pola Senda Azul do Río Lagares os mércores e venres pola tarde, de xeito aberto a partir das 16:00 no Mercado de Cabral.
A novidade desta edición é que están previstas tres Andainas organizadas entre os sábados 27 de setembro e o 11 de outubro, con distintas distancias a percorrer
(1) Percorridos de tarde (gratuíto, ata 100 prazas): Saída 16:00 dende Mercado de Cabral. Desprazamento por propios medios ata o punto de encontro. Volta dende punto final a punto de partida en autobús agás na andaina do 11 de novembro que faise todo a pé
Inscrición e Funcionamento:
Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.
Sistema de adxudicación de prazas: un/unha participante non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade.