A cuarta etapa de Camiño a Camiño de Primavera 2023 pola Ría de Vigo, entre a Lagoa de Castiñeiras e Chan de Arquiña (Moaña), permitiunos coñecer a historia da repoblación forestal de Pontevedra, así como ollar a Ensenada de San Simón con perspectiva e lembrar o megalitismo asentado no Morrazo.
A luz coa que realizamos toda o percorrido permitiu facer unha reportaxe colorida como a que recollemos no ALBÚM. De seguido un breve resumo.
A historia da Lagoa de Castiñeiras e dos montes circundantes está moi vencellada coa historia da evolución dos procesos de reforestación na Provincia de Pontevedra dende 1927. Neste caso pasou polo proceso de reforestación e de xestión forestal da Dictadura de Primo de Rivera, da República, da Dictadura franquista, da xestión da Xunta de Galicia e, finalmente, da recuperación do espazo polas Comunidades de Montes de Santa Cristina e San Martiño (de Vilaboa) e de Piñeiro e San Xulián (de Marín).
Coas vistas á parte interior da Ría concluímos o ciclo de percorridos que viron a Ensenada de San Simón e todas as curiosidades xeolóxicas, biolóxicas e históricas que nela residen.
No miradoiro de Candón Pequeno poidemos contemplar todas as Rías Baixa e abrimos a carpeta dos vindeiros percorridos por Moaña e Cangas vendo a parte intermedia e final da Ría de Vigo.