O Parque Forestal de Beade ao completo no VIII Día dos Montes de Vigo

 A celebración do VIII Día dos Montes de Vigo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo, permitiu que preto de 800 participantes circularan polos sendeiros locais de Beade-Bembrive e de Zamáns nas distintas andainas programadas. Ver Reportaxe fotográfica completa (AQUI). 

Ao inicio o Alcalde, Abel Caballero, deu a benvida aos participantes no Parque Forestal de Beade e invitou aos asistentes a gozar dos espazos naturais que nos brindan os montes de Vigo. Na presentación dos percorridos tamén estivo presente a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González. Propuxeron aos participantes coñecer de preto os valores medioambientais, patrimonitais e paixasísticos que habitualmente se atopan en calquera comunidade de montes que circunda Vigo e, neste caso, foi Beade, Bembrive e Zamáns. 

Ao longo da mañá puidose comprobar como a eclosión da primavera está presente en lugares singulares como os Muíños de Zamáns, a Fervenza da Freixa, o bosque de ribeira ao carón do río Eifonso, o bosque de pseudotsugas de Beade e os distintos miradoiros ao longo dos percorridos das distintas andainas programadas. 

Vista da Ría de Vigo dende o sendeiro local de Beade

O día acompañou para facer as catro andainas previstas con distintas distancias e niveis de dificultade. entre os participantes había dende cativos de corta idade ata persoas de máis de oitenta anos, o cal pon de manifesto que para andar polo monte tan só cómpre ter vontade de practicar un dos exercicios máis sanos: camiñar.





Os xogos familiares completaron o VIII Día dos Montes de Vigo 2023 no que participaron máis de 200 persoas con cativas e cativos de distintas idades.

De seguido algunhas instantáneas dos grupos:

Grupo da Andaina longa

Parte do grupo da Andaina media co Alcalde

Grupo de Andaina curta

Grupo de participantes infantil

Grupo de Pequerruta

Grupo de Discamino que participou en Andaina media













Nombre

Avisos,3,Fotos,85,Novas,203,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: O Parque Forestal de Beade ao completo no VIII Día dos Montes de Vigo
O Parque Forestal de Beade ao completo no VIII Día dos Montes de Vigo
A Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo ofertaron 4 andainas e diversas actividades para cidadanía viguesa
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjhw6qriBup3LaNXNYV4cm9HMeXrjiD6wpxHqmLRwIlPRsIBxVrTwV4dAYT_TwJhIzvhpIJng4iPsl8dtejNHaMDM8NrBYXiOxQ7fNkKTXOLSfyKRMxgUCMT390nFTAt614zMoV3XvyGpZASZzzvVV-DsUpUBG7bHK6oyovJJRgjUOo11P0EtySBwUZxA/w640-h426/2023-05-14%20DMV23-47.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjhw6qriBup3LaNXNYV4cm9HMeXrjiD6wpxHqmLRwIlPRsIBxVrTwV4dAYT_TwJhIzvhpIJng4iPsl8dtejNHaMDM8NrBYXiOxQ7fNkKTXOLSfyKRMxgUCMT390nFTAt614zMoV3XvyGpZASZzzvVV-DsUpUBG7bHK6oyovJJRgjUOo11P0EtySBwUZxA/s72-w640-c-h426/2023-05-14%20DMV23-47.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/05/VIII-dia-montes-de-vigo-actividade.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/05/VIII-dia-montes-de-vigo-actividade.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar