Visita 1 - O Salnés: entorno de Armenteira (8/10/23)

 O 8 de outubro bota a andar a programación de Camiño a Camiño de outono 2023 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, que ten previsto actividade ata o 26 de novembro.

Entorno do Rego de Armenteira

Nesta edición hai un dobre reto: visitar tres espazos de produción agrícola de proximidade combinado con contidos medioambientais de interese, combinado con cinco percorridos a carón de espazos botánicos do sur de Galicia. Toda a programación AQUÍ.

Na primeira visita a celebrar o 8 de outubro achegarémonos ao Salnés, concretamente ao entorno do Mosteiro de Armenteira, cuna do viño albariño. Teremos ocasión de coñecer o seu entorno e circular á beira dos regos de San Martiño e de Armenteira, para chegar as zonas de cultivo ao rematar. Ao longo do percorrido circularemos tamén polo popular PR-G 170, a Ruta da pedra e da auga, co seu chamativo trazado adornado de múltiples muíños e bosque de ribeira. En total son caseque 16 km a realizar ao longo de todo o día, con opción de facer ou non o tramo da tarde.

Entorno do Rego de Armenteira

INSCRICIÓN (130 prazas por ruta, gratuíta)

- Dende luns 2 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

- Novo criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o venres a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio venres previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.

Mosteiro de Armenteira

O CONSUMO DE PRODUTOS DE PROXIMIDADE. VISITA 1: O SALNÉS - ENTORNO DE ARMENTEIRA (día completo)

✔ Domingo 8 de outubro

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 19:00-20:00 (aprox)

🏃 Percorrido de todo o día: 15,7 km | Pendente media 5,4%, -5,5% | Dificultade media. No caso de climatoloxía adversa pode haber modificacións do trazado.

👉 Recomendación: levar bastóns, calzado de sendeirismo e reposto de auga para todo o día, así como o xantar.

🗾 Trazado e Alzado: 


Nombre

Avisos,3,Fotos,87,Novas,207,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Visita 1 - O Salnés: entorno de Armenteira (8/10/23)
Visita 1 - O Salnés: entorno de Armenteira (8/10/23)
Visita 1. Salnés, entorno de Armenteira. Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental, hábitos saudables e consumo responsable.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJFNV6SdpsJBU6ZuvMDHB8E897m9Sj8ixsUIhzDUjdSBFB_Tnnz6LQ4r40BqlqOR9JshwsE1jPnfjNUqd0uKrZqjgsZswIW76JtMvVpf8D5il9sMGeBSjYYITqSJEWtNAyvoq_LHYqsOUP-dhPCVtS5ndsnz5tqvp1Tit5BJGdxf9K6ID0-ir2sHpk_5ws/w640-h426/Armenteira%20(82).jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJFNV6SdpsJBU6ZuvMDHB8E897m9Sj8ixsUIhzDUjdSBFB_Tnnz6LQ4r40BqlqOR9JshwsE1jPnfjNUqd0uKrZqjgsZswIW76JtMvVpf8D5il9sMGeBSjYYITqSJEWtNAyvoq_LHYqsOUP-dhPCVtS5ndsnz5tqvp1Tit5BJGdxf9K6ID0-ir2sHpk_5ws/s72-w640-c-h426/Armenteira%20(82).jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/09/visita-1-salnes.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/09/visita-1-salnes.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar