Camiño a Camiño de primavera 2024 bota a andar coa Ruta da Auga o 17 de marzo

 O 17 de marzo bota a andar a programación de Camiño a Camiño para a primavera 2024 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, que ten previsto actividade ata o 26 de maio.

Imaxe da Ruta da Auga nunha edición pasada de Camiño a Camiño

Nesta edición o reto é percorrer a Ruta ou Senda da Auga en tres etapas, dende Vigo ao Encoro de Eiras. Posteriormente achegarémonos ás concas dos principais ríos que desembocan nas Rías Baixas: Verdugo, Lérez, Ulla, para rematar o día da nai no Lagares. Ao mesmo tempo coñeceremos lugares singulares, cunha riqueza natural e paisaxística destacada, sempre asociados a entornos de pazos e castelos sobranceiros. Toda a programación AQUÍ.

Na primeira etapa da Senda da Auga a celebrar o 17 de marzo circularemos no tramo Vigo a Redondela, particularmente ata o Parque Forestal de Chan das Pipas en Saxamonde. 

Dada a nova normativa que entrou en vigor para a realización de actividades na natureza, organizaremos tres grupos de ata 50 persoas, que se desprazarán autónomamente na ruta e con distintas distancias e horarios que se organizarán a partir das 8:30 horas.

INSCRICIÓN (gratuíta)

- Dende luns 11 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.

No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

RUTA DA AUGA. ETAPA I: VIGO - REDONDELA

✔ Domingo 17 de marzo

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada (3 grupos de ata 50 persoas): 8:30. Hora de saída a medida que se enchan os autobuses. Hora finalización 14:00-15:00 (aprox)

🏃 Distancia e dificultade dos percorridos según público de camiño a camiño: Saída 1 (14,0 km; Dificultade media-alta); Saída 2 (10 km; Dificultade media); Saída 3 (6,7 km; Dificultade baixa)

👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva)

🗾 Trazado: 


Nombre

Avisos,3,Fotos,85,Novas,203,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño de primavera 2024 bota a andar coa Ruta da Auga o 17 de marzo
Camiño a Camiño de primavera 2024 bota a andar coa Ruta da Auga o 17 de marzo
Ruta da Auga 1- Vigo-Redondela. Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgNsmg0j8Gb5Z1Vr7wXPBb6jT3bDzQ1srDDa-Vj70JCSd56F8yo92LN_Srtv-2jO4iF8NLQuT0MiyTPlM_eS_jZQ69O3Jvi4ImE0I-19DngOgjxHpOX3Ibw7l5sfD8llWHOfqcEwnK5OxnX6ukCR42JX9mJWCy_N10nSENTqOVGVbj5gzAuPWUKtKE_wO87/w640-h426/CACV%20-%20Ruta%20da%20auga.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgNsmg0j8Gb5Z1Vr7wXPBb6jT3bDzQ1srDDa-Vj70JCSd56F8yo92LN_Srtv-2jO4iF8NLQuT0MiyTPlM_eS_jZQ69O3Jvi4ImE0I-19DngOgjxHpOX3Ibw7l5sfD8llWHOfqcEwnK5OxnX6ukCR42JX9mJWCy_N10nSENTqOVGVbj5gzAuPWUKtKE_wO87/s72-w640-c-h426/CACV%20-%20Ruta%20da%20auga.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/03/ruta-auga-1-.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/03/ruta-auga-1-.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar