O Alcalde invita a participar na IX Andaina polos Montes de Vigo do 12 de maio

O Alcalde de Vigo e a Concelleira de Medio Ambiente xunto con representantes de Montes de Vigo e Vegalsa-Eroski na presentación da IX Andaina polos montes de Vigo.

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a IXª edición da Andaina polos Montes de Vigo, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de maio, e terá como punto de partida o Parque Forestal de Saiáns. Consiste nun encontro dos vigueses e viguesas co entorno no que viven en plena explosión da primavera, co obxectivo de superar os 1.000 participantes entre as tres modalidades de andaina (19,8km, 8,4km e 5,2km). Ademáis, pretende dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade.

Por parte do Presidente de Montes de Vigo, agradeceuse a iniciativa municipal que complementa outras accións que permiten pór a disposición da cidadanía unha importante oferta de infraestruturas verdes. Coa Andaina visibilízase esta oferta e permite experimentar a riqueza asociada cos montes de Vigo. A Responsable de RSC de Vegalsa-Eroski tamén salientou o traballo de educación ambiental que realiza a Concellería de Medio Ambiente e a oportunidade de apoiar unha iniciativa moi asentada no concello de Vigo.
O evento promovido dende a Concellería de Medio Ambiente, faise en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e Vegalsa-Eroski

O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 10 de maio, as 13 horas. Como é habitual realizarase a través do 010 (986810260 dende móbil), sendo preciso escoller unha das andainas previstas entre as catro dispoñibles para todo perfil de públicos. 

Máis información no folleto (PREMER) e detalle das rutas (trazados, alzados, horarios) neste ENLACE

O evento conta co patrocinio de Vegalsa-Eroski, que contribúe a que o evento se poida facer dun xeito máis agradable a través dos kits de avituallamento previsto ao longo do percorrido. Ademáis, a organización agasallará cunha camiseta conmemorativa a aquelas persoas correctamente inscritas.

O punto de encontro das actividades será o Parque Forestal de Saiáns (ver GOOGLE MAPS), partindo dende este punto todas as andainas. No caso da "Andaina Longa" empregarase un autobús lanzadeira que trasladará aos participantes ao punto de partida no Parque Forestal dos Pozos. 



Inscrición e Funcionamento 

Inscrición: Aqueles/as interesados en participar no IX Andaina polos montes de Vigo pódense inscribir ata o 10 de maioas 13 horas no 010 (986 81 02 60 dende móbil). 
No caso de que o día 12 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Parque Forestal de Saiáns ata media hora antes do inicio da actividade.

Lugar de encontro: Parque forestal de Saiáns (localización Google Maps)

Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina que se inicia no Parque Forestal dos Pozos dará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.

Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.

Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación que se atopa na web caminoacaminovigo.org, sendo preciso estar rexistrado media hora antes.

Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando a flora e fauna que se atope.

Regulamento: A inscrición nas andainas leva asociado a aceptación do regulamento da andaina (ver abaixo) e desprazarse ata o Parque Forestal de Saiáns, tendo que realizarse o correspondente rexistro. O non cumprimento do regulamento pode supor a suspensión da participación.
Cada participante configurará o percorrido que máis lle interese segundo a planificación das andainas, asumindo que o percorrido estará marcado previamente e se realizará de xeito autónomo.
No punto de saída iniciaranse as andainas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes polas que se transitan. 

Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23 | caminoacaminovigo.org
Nombre

Avisos,3,Fotos,86,Novas,205,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: O Alcalde invita a participar na IX Andaina polos Montes de Vigo do 12 de maio
O Alcalde invita a participar na IX Andaina polos Montes de Vigo do 12 de maio
IX Andaina Montes de Vigo. Evento organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e Eroski
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiX6cTg-uKI7DsohsBXaW3sUNnFTyUDQuhsItndJ_ZmRZeSsyzbUphlvqvN0qrizx5XlAVQufV9jcPmA3xtPvTVEGll3UtlZhI6aqfGOUkbe58cCTlpPkPesWheIkoBZElczandY8UIadljiyjhnUprsAyamH7B0SiJ2VdmTp-qDAEZTtfnWgfn6My3EG4q/w640-h480/2024-05-02%20Rolda%20Prensa%20Andaina24.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiX6cTg-uKI7DsohsBXaW3sUNnFTyUDQuhsItndJ_ZmRZeSsyzbUphlvqvN0qrizx5XlAVQufV9jcPmA3xtPvTVEGll3UtlZhI6aqfGOUkbe58cCTlpPkPesWheIkoBZElczandY8UIadljiyjhnUprsAyamH7B0SiJ2VdmTp-qDAEZTtfnWgfn6My3EG4q/s72-w640-c-h480/2024-05-02%20Rolda%20Prensa%20Andaina24.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/04/andaina-montes-de-vigo-inscricion.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/04/andaina-montes-de-vigo-inscricion.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar