A última etapa da programación de Camiño a Camiño de primavera'24 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, está prevista a carón do Río Lagares e terá lugar o domingo 5 de maio, coincidindo co Día da Nai. Será o derradeiro percorrido medioambiental polos ríos da provincia de Pontevedra
Nesta ocasión, vaise realizar unha única ruta que arrancará dende Bouzas ata conectar co río Lagares na Xunqueira e logo circulará polo curso baixo ata o Parque de Castrelos, onde teremos ocasión de visitar os xardíns e o singular bosque.
INSCRICIÓN (gratuíta)
- Dende luns 29 de abril, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
RUTA RÍO LAGARES
✔ Domingo 5 de maio
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada (grupo único): 8:30. Hora de saída a medida que se enchan os autobuses. Hora finalización 13:30-14:00 (aprox)
👉 Recomendación: levar calzado de sendeirismo e auga
🗾 Trazado:
🏃 Distancia: 10,4 km; Dificultade baixa