Ruta Río Ulla (28/4/24)

 A sexta etapa da programación de Camiño a Camiño de primavera'24 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, está prevista a carón do Río Ulla e terá lugar o domingo 28 de abril en sesión de día completo. Será o terceiro percorrido medioambiental polos ríos da provincia de Pontevedra

Imaxe do entorno do río Ulla dende o mirador de Gundián

Nesta ocasión, vanse realizar dúas rutas: unha longa de 16,1km a realizar entre a mañán e a tarde e moi alta dificultade e  (ver abaixo); e outra curta de 10,7km a realizar pola mañá e dificultade media-alta (ver abaixo). Ademais, en función da climatoloxía que se presente haberá que decidir se se fai a sesión da tarde ou non. En todo caso é recomendable levar equipación para cambiarse para deixar no autobús.

INSCRICIÓN (gratuíta)

- Dende luns 22 de abril, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.

No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

RUTA RÍO ULLA

✔ Domingo 28 de abril

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada (grupo único): 8:30. Hora de saída a medida que se enchan os autobuses. Hora finalización 18:00-19:00 (aprox)

👉 Recomendación: levar bastóns, capa, botas que soporten auga, comida e auga para hidratarse. No caso de choiva cómpre levar equipación de recambio para deixar no autobús.

🗾 Trazado: 

Trazado curto en azul. Trazado longo en vermello (é o trazado curto máis a subida ao Miradoiro de Gundián e máis a subida ao Miradoiro Alto do Castro)

🏃 Distancia, desnivel e dificultade dos percorridos según público de Camiño a Camiño: 

. Ruta Curta: 10,7 km; Dificultade media-alta. A realizar só de mañán, con programa de tarde en función da climatoloxía.

. Ruta Longa: 16,1 km; Dificultade moi alta. A realizar de mañán e tarde, con programa de tarde en función da climatoloxía.


Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Ruta Río Ulla (28/4/24)
Ruta Río Ulla (28/4/24)
Ruta Río Ulla. Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiY5bw3qtuf_FfVNg_ZDFWIv95fUPAmLyr-gA88Jws5c7wzCh9scwtWfnMkJ8Z5_ZbFQhn4ofazlqOn_4R8x7nUtYhQNO_u2doRjHrHzH7IkJRo2ZXfwd5TaKQAS32-BdWOGWJmCTvEm9KCTcfDO13eP5jj-9jSnBR3Kq8vcysBsQFpreG81O6tvtcd9EUS/w640-h426/Entorno%20R%C3%ADo%20Ulla.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiY5bw3qtuf_FfVNg_ZDFWIv95fUPAmLyr-gA88Jws5c7wzCh9scwtWfnMkJ8Z5_ZbFQhn4ofazlqOn_4R8x7nUtYhQNO_u2doRjHrHzH7IkJRo2ZXfwd5TaKQAS32-BdWOGWJmCTvEm9KCTcfDO13eP5jj-9jSnBR3Kq8vcysBsQFpreG81O6tvtcd9EUS/s72-w640-c-h426/Entorno%20R%C3%ADo%20Ulla.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/04/blog-post.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/04/blog-post.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar