Prosiguen os percorridos polos ríos da provincia de Pontevedra co río Lérez. Esta actividade está enmarcada no programa Camiño a Camiño de Primavera'24 da Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
Participantes no percorrido do río Lérez na Illa das Esculturas |
O percorrido transcorreu pola Xunqueira do Alba, pola Illa das Esculturas e pola Senda do Lérez, de xeito que se logrou ter unha visión dun conxunto natural e con sendas moi accesible para todos os públicos.
Grupo de Camiño a Camiño con panorámicas do río Lérez detrás |
Tamén se afondou no funcionamento dos humidais, dos impactos dos encoros sobre os peixes de río e as formas de abordalos, así como o as características do río Lérez e o importante fluxo de auga que subministra aos concellos da ría de Pontevedra e á fábrica de ENCE.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.