Unha IX Andaina polos montes de Vigo ao alcance de todos os públicos

  A celebración da IX Andaina polos Montes de Vigo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo, permitiu que 750 participantes circularan polos sendeiros locais de Valladares, Matamá, Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns, nas distintas andainas programadas. Ver Reportaxe fotográfica AQUI

Participantes na Andaina media, coa Concelleira de Medio Ambiente

Ao inicio a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, deu a benvida aos participantes no Parque Forestal de Saiáns e invitou aos asistentes a gozar dos espazos naturais que nos brindan os montes de Vigo. 

Na presentación dos percorridos tamén estivo presente o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González que propuxo aos participantes coñecer de preto os valores medioambientais, patrimonitais e paixasísticos que habitualmente se atopan en calquera comunidade de montes que circunda Vigo e, neste caso, as que van dende Valladares ata Saiáns. Particularmente sinalou os 40 anos que celebraba o Parque Forestal de Saiáns, sendo unha mostra do lento traballo en pasar de monocultivos a un monte protector e de uso social.

Participantes na Andaina curta e na Pequerruta

Ao longo da mañá puxéronse de manifesto os servizos ecosistémicos que proporcionan os montes de Vigo á cidade, particularmente os servizos recreativos -con parques forestais, sendeiros, espazos de interpretación etnoarquelóxica, etc-, a provisión hídrica -cos regatos, cos mananciais, coas minas, etc- e a captación de CO2 que se produce tanto nos montes productivos como nos montes protectores que se distribúen polos montes de Vigo.

Pequerruta na Fraga de Cal de Outeiro da C.M. Saiáns

Andaina longa pasando pola Lagoa de Maruxento da C.M. de Matamá

Interpretación das distintas funcións do monte de Vigo na C.M. de Oia

Vistas panorámicas no Alto da Bandeira na C.M.Saiáns

A climatoloxía acompañou para facer as catro andainas previstas con distintas distancias -entre 2 e 20km- e con diversos niveis de dificultade -baixa, media, alta e moi alta-. Entre os participantes había dende cativos de corta idade ata persoas de máis de oitenta anos, póndose de manifesto que o exercicio físico no monte é apto para todas as idades e todas as intensidades. Engadíronse ao grupo os membros da asociación Discamino na Andaina Media.

Os participantes de Discamino na Andaina media
Un momento de intensidade na Andaina

Os xogos familiares completaron a IX Andaina polos Montes de Vigo no que participaron máis de 200 persoas con cativas e cativos de distintas idades.

Espazo Multiaventura no Parque Forestal de Saiáns

Nombre

Avisos,3,Fotos,89,Novas,209,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Unha IX Andaina polos montes de Vigo ao alcance de todos os públicos
Unha IX Andaina polos montes de Vigo ao alcance de todos os públicos
A Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo ofertaron 4 andainas e diversas actividades para cidadanía viguesa
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiNzfKaHbd-WLVw0lGSxDNBR4T2iUI8RScVrJIggXUa5TtWneZg3pNn58FLnUXevwKPZ4PvB-gA42qfnR7Lmox3rtuCepiZOn37jyXQxsr0eF6fRnDxCo5xviBwdxyy-eqwA1xhOYVO2Al6MLi6P8Cyp9ml8DbQ0937MjX40b8njQnGiwNr-ydtxFe9RENv/w640-h270/2024-05-12%20Andaina24-01.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiNzfKaHbd-WLVw0lGSxDNBR4T2iUI8RScVrJIggXUa5TtWneZg3pNn58FLnUXevwKPZ4PvB-gA42qfnR7Lmox3rtuCepiZOn37jyXQxsr0eF6fRnDxCo5xviBwdxyy-eqwA1xhOYVO2Al6MLi6P8Cyp9ml8DbQ0937MjX40b8njQnGiwNr-ydtxFe9RENv/s72-w640-c-h270/2024-05-12%20Andaina24-01.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/05/andaina-2024.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/05/andaina-2024.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar