Camiño a Camiño visita as Illas Cíes o 19 e o 26 de maio

  O programa "Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto dúas visitas ás Illas Cies durante o mes de maio de 2024: o domingo 19 e o domingo 26. 

A temática a abordar nesta edición é "Obxectivo Xeoparque Unesco para as Illas Cíes". O obxectivo é afondar na orixe das illas conectada coa conformación da Ría de Vigo -por esta dimensión xeolóxica particular estase a solicitar a consideración de Xeoparque na Unesco- e coñecer os seus valores medioambientais que fai que sexa Parque Nacional. Tamén se darán a coñecer curiosidades da súa historia máis recente.


Programa da visita:

- Control de asistencia Camiño a Camiño e elección de ruta da mañá: 8:00, na Estación Marítima (ter presente que somos 300 e que precisamos facer a inscrición interna e facer os grupos de visita).

- Embarque: 9:00. Lembrar levar o billete do barco co QR de acceso ao Parque e DNI. No caso de perda do billete do barco non se poderá embarcar.

- Ruta de mañá: 10:30 - 13:30/14:00. Distribúese en 4 grupos de visita (ver plano abaixo). Nesta ocasión a Ruta 2 está prevista para familias.

- Ruta de tarde (opcional, 15:45): faranse só as Rutas 2 (saída dende Camping) e 3 (saída dende Caseta de Información do Parque). Na Ruta 2 abordaranse temas xeolóxicos máis detallados.

- Embarque de volta: 20:00. Por seguridade recoméndase estar no peirao as 19:30.


Normativa e Información das visitas ás Illas Cíes: ver PDF ADXUNTO

Recomendacións: levar auga suficiente para todo o día, gorra ou similar, roupa de abrigo e crema solar de protección alta.

Máis info de Camiño a Camiño para a visita ás Illas Cíes: AQUI (recursos sobre xeoloxía de Cies, fotografías históricas, guía xeolóxica do Parque Nacional, Historia das Illas Cíes, etc)

Nombre

Avisos,3,Fotos,89,Novas,209,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño visita as Illas Cíes o 19 e o 26 de maio
Camiño a Camiño visita as Illas Cíes o 19 e o 26 de maio
Programa e información da Visita a Illas Cíes de Camiño a Camiño, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEia7RAAPniFP7_cNCzeCF_gi2A-O7r6jxlKtSDd9uAvqQZuVc8Cbd7i6GBW4mfiqfT3WtGLB4w9cPORWBbmVL1sODIxx26zV4YPuz15visVTSuhFCZquURQ3zPBAP6lpBzVA4F_5SuDXODgvIVQa15Y4NXQ1w70Tff2DwaE_SG_doVvYR5OQLHSjVVGAA/w640-h126/RV08-Pan-3.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEia7RAAPniFP7_cNCzeCF_gi2A-O7r6jxlKtSDd9uAvqQZuVc8Cbd7i6GBW4mfiqfT3WtGLB4w9cPORWBbmVL1sODIxx26zV4YPuz15visVTSuhFCZquURQ3zPBAP6lpBzVA4F_5SuDXODgvIVQa15Y4NXQ1w70Tff2DwaE_SG_doVvYR5OQLHSjVVGAA/s72-w640-c-h126/RV08-Pan-3.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/05/illas-cies-2024.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2024/05/illas-cies-2024.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar