A Concellería de Medio Ambiente de Vigo informa que por motivo dunha previsión climatolóxica moi adversa para este domingo 6 de outubro, con rachas de vento que poden superar os 50 km/hora, decídese suspender a Ruta polo Parque Natural de Corrubedo (Ribeira).
De ser factible, trasládase a realización desta ruta ao domingo 3 de novembro, mantendo a inscrición realizada e previa confirmación.