Nesta edición de Camiño a Camiño de Outono 2024 a Concellería de Medio Ambiente incorpora unha nova serie de Actividades familiares de Vida Saudable nos Sendeiros Locais de Vigo. O obxectivo é que familias con menores se acheguen aos montes de Vigo e combinen actividade física con coñecemento do medio natural.
Están previstos 3 paseos:
- sábado 12 outubro, mañá en Sendeiro Local de Beade. Ver detalle abaixo.
- sábado 19 outubro, tarde en Sendeiro Local de Candeán. Máis detalle a partir do 14 de outubro
- sábado 26 outubro, tarde en Sendeiro Local de Zamáns (suspendido o 5 de outubro). Máis detalle a partir do 21 de outubro
Participantes na Andaina polos montes de Vigo de 2024 |
PASEO A CARÓN DO SENDEIRO LOCAL DE BEADE (sábado 12 outubro, mañá)
O vindeiro sábado 12 de outubro, as 10:30, terá lugar Paseo a carón do Sendeiro Local de Beade. O punto de encontro é o Parque Forestal de Beade (ver GOOGLE MAPS).
Proceso de inscrición para unidades familiares con menores de idade:
👀 Dende luns 7 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
👉 No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Percorrido:
O percorrido previsto adaptarase aos participantes e consistirá en achegarse á distintos puntos de interese do monte de Beade, podendo contemplar plantacións particulares, panorámicas da cidade moi vistosas e algunha que outra curiosidade.
Dada as características técnicas do sendeiro local de Beade, realizarase un percorrido parcial do mesmo de aproximadamente 2,5km, con distintas paradas interpretativas.