A programación de actividades de Camiño a Camiño Outono25 (Concellería de Medio Ambiente de Vigo) desta última semana de setembro é intensa e por ese motivo resumimos nesta entrada os percorridos medioambientais e os cursos previstos.
Sábado 27 de Setembro, tarde: Andaina pola Senda Azul do Río Lagares, Tramo Mercado Cabral a Desembocadura
👀Inscrición: 100 prazas, con inscrición previa no 010 (986810260) dende o luns 22 ata o mércores 25 para empadroados. No caso de quedar prazas libres, inscrición de non empadroados o xoves 22.
Nota: inscrición compatible coa inscrición en ruta do domingo.
🏁 Punto de Encontro: Mercado de Cabral, as 16h.
🏃 Traxecto: Mercado Cabral ata Desembocadura do río Lagares. Distancia: 12 km. Dificultade: baixa
✔ Retorno: sobre as 19h en autobús dende Desembocadura do río Lagares ata Mercado de Cabral.
Domingo 28 de Setembro, mañán: Percorrido entre Alba (Pontevedra) e a Fervenza do río Barosa (Barro)
Nota: unha mesma persoa non poderá asistir a dous percorridos consecutivos de domingo (máis info AQUI)
🏁 Punto de Encontro: 8:30 na Praza do Rei, para saír as 9:00. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
🏃 Traxecto: Alba (Pontevedra) á Fervenza do río Barosa (Barro). Distancia: 11,4 km. Pendente: reducida. Dificultade: baixa
✔ Retorno: sobre as 14-14:30h á Praza do Rei.
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e tentempé para media mañá.
🗾 Trazado e alzado:
As inscricións para todas estes cursos pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) dende o 18 de setembro.



