O Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño" de Outono 2025 foi presentado pola Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, dando a coñecer os percorridos medioambientais previstos para esta tempada, así como as actividades de hortas urbanas e voluntariado medioambiental.
O acto coincidiu coa sinatura de convenio de colaboración con Vegalsa-Eroski, que nesta ocasión contou coa presenza do Director Xeral, José Manuel Ferrero,. Trátase dunha colaboración que leva aberta dende hai 13 anos e na que se pon de manifesto a aposta polo ocio verde, o cal quedará de manifesto na colaboración económica e na difusión da campaña na rede de supermercados de Vigo.
PROGRAMA OUTONO 2025
No programa que se achega (PREMER para descargar) atópase o detalle das actividades, no que destaca unha serie de visitas a espazos naturais singulares en Pontevedra a carón da Depresión Meridiana e actividades familiares de vida saudable na Senda Azul do Río Lagares.A primeira ruta terá lugar o domingo 28 de setembro coa visita á Depresión Meridional, un fenómeno xeolóxico particular, partindo dende Alba (Pontevedra) ata a Fervenza do Río Barosa (Barro), circulando polo trazado do Camiño Portugués. O proceso de inscrición arrancará o luns 22 de setembro a través do 010 (986810260 dende móbil), habilitándose un total de 150 prazas.
O SÁBADO 27 SETEMBRO PRINCIPIAN OS PASEOS SAUDABLES POLA SENDA AZUL DO RÍO LAGARES
Dándolle continuidade á actividade iniciada na primavera, que terán lugar as 16h dos mércores e venres dende o 1 de outubro, nesta edición planificacronse tres Andainas pola Senda Azul do Río Lagares, con distinta dificultade. A primeira terá lugar o sábado 27 de setembro, a partir das 16h, dende o Mercado de Cabral ata a Desembocadura do Río Lagares, con volta en autobús ao orixe. O proceso de inscrición arrancará o luns 22 de setembro a través do 010 (986810260 dende móbil), habilitándose un total de 100 prazas.
Máis info no apartado RUTAS deste blog.
HORTAS URBANAS E VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
As hortas urbanas proseguirán a súa actividade habitual e o 1 de outubro entrará o horario de inverno (de 10 a 13 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes) en Navia, Fontáns, Pedro Alvarado, Sardomela, Ramón Nieto e Camelias.
Para poder participar nas mesmas é preciso realizar o Curso básico de hortas urbanas que terán lugar entre o 23 e 25 de setembro. As persoas interesadas no citado curso poden consultar no 010. Máis info no apartado HORTAS URBANAS deste blog.
Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental no Monte da Guía, nos sendeiros locais ou na caneira municipal (máis info no apartado VOLUNTARIADO deste blog).
Para poder participar é preciso realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto para o mércores 24 de setembro, as 16:30, en Vigo Nature (máis info no apartado FORMACIÓN deste blog)
As inscricións para todas estes cursos pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) dende o 18 de setembro.
As inscricións para todas estes cursos pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) dende o 18 de setembro.