A programación de actividades de Camiño a Camiño Outono25 (Concellería de Medio Ambiente de Vigo) entre o 15 e o 19 de outubro permite achegarse á cuarta ruta a carón da Depresión Meridiana: O Galleiro e proseguir cos paesos pola Senda Azul do Río Lagares.
Nota: unha mesma persoa non poderá asistir a dous percorridos consecutivos de domingo (máis info AQUI)
🏁 Punto de Encontro: 8:30 na Praza do Rei, para saír as 9:00. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
🏃 Traxecto: Galleiro. Distancia: 12,7 km. Pendente media: 4,8/-7,8% (con baixada acentuada ao final da ruta). Dificultade: media
✔ Retorno: sobre as 14-14:30h á Praza do Rei.
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e tentempé para media mañá.
🗾 Trazado e alzado:


Senda Azul do Río Lagares: actividades mércores e venres