A Concellería de Medio Ambiente informa que por motivo de previsión climatolóxica adversa (acumulación de choiva e rachas fortes de vento) para o domingo 19 de outubro, queda aprazada a realización do Percorrido medioambiental polo Monte Galleiro, trasladándose para o domingo 2 de novembro no mesmo horario.
Aquelas persoas inscritas manteran a súa praza sen ter que facer nada máis. No caso de que non poidan asistir ese día agradecemos que renuncien á súa praza no 010 durante a semana que ven de cara a abrir un novo prazo de inscrición coas prazas vacantes.