A segunda das rutas da tempada de Outono'25 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo desenvolveuse nun dos montes que bordean a Depresión Meridiana: Monte Catrove, entre Meis, Poio e Pontevedra.
Houbo ocasión de ver a Depresión meridiana dende o alto e comprobar dende a altura a zona chaira pola que circulan as vías de comunicación dende os romanos (via XIX de Antonino) ata a actualidade (N 515, AP 9, vía do tren rexional, tren de alta velocidade).
![]() |
| Visión da depresión meridiana dende Monte Castrove |
Nesta etapa o curioso foi o inicio, no Bosque de Sequoias de Colón, con 500 árbores cedidas polo Congreso de Estados Unidos en 1992 con motivo do centenario do descubrimento de América.
Ver ALBÚM FOTOGRAFICO e de seguido algunhas das instantáneas máis representativas das vistas tanto para a Ría de Vilagarcía como para a Ría de Pontevedra:






