A programación de actividades de Camiño a Camiño Outono25 (Concellería de Medio Ambiente de Vigo) de o arranque de outubro permite coñecer a Senda Azul do Río Lagares e achegarse á segunda ruta a carón da Depresión Meridiana, no monte Castrove.
Senda Azul do Río Lagares: actividades mércores, venres e sábado
A) Paseo Mercado de Cabral a Avda de Madrid e Volta: mércores 1 e venres 3 de outubro, a partir das 16h. Non precisa incrición previa.
👀Inscrición: 100 prazas, con inscrición previa no 010 (986810260) dende o luns 29 setembro ata o venres 3 de outubro. Por estricto orde de chamada e inscrición compatible coa ruta do domingo.
🏁 Punto de Encontro: Mercado de Cabral, as 16h.
🏃 Traxecto: Mercado Cabral ata Castrelos. Distancia: 8 km. Dificultade: baixa
✔ Retorno: sobre as 19h en autobús dende Castrelos ata Mercado de Cabral.
![]() |
Perspectiva da Depresión Meridiana dende Monte Castrove |
Domingo 5 de outubro, mañán: Percorrido polo Monte Castrove
Nota: unha mesma persoa non poderá asistir a dous percorridos consecutivos de domingo (máis info AQUI)
🏁 Punto de Encontro: 8:30 na Praza do Rei, para saír as 9:00. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
🏃 Traxecto: Monte Castrove, con inicio no Bosque de Colón (bosque de sequoias). Distancia: 12,4 km. Pendente media: 6,3/-7.3% (con forte subida ata a cima). Dificultade: media-alta
✔ Retorno: sobre as 14-14:30h á Praza do Rei.
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e tentempé para media mañá.
🗾 Trazado e alzado: