Este venres 23 de maio botaron a andar as rutas saudables polo tramo alto da Senda azul do Río Lagares cun nutrida participación de todas as idades.
Participantes na ruta saudable polo Senda Azul do río Lagares |
Realizouse o percorrido entre o Mercado de Cabral e a Avenida de Madrid en ida e volta (8,5km), se ben un grupo optou por facer únicamente o tramo Mercado de Cabral ata a Fervenza da Cova da Serpe (4,5km). Dado que o trazado circula en boa parte por tramos con sombra, o percorrido resultou moi placenteiro.
Tamén houbo ocasión para contar aspectos descoñecidos dos lugares polos que se circulan do vello concello de Lavadores.