No día de hoxe, o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, ven de presentar a Ruta saudable na Senda Azul do Lagares, entre o mercado de Cabral (ver en Google Maps) e a Avenidad de Madrid, onde tanto as persoas individuais como os colectivos poden realizar actividade física nun entorno encantador.
Circulará polo trazado da Senda Azul aberto a finais de 2024, atravesando entre outros lugares pola Fervenza do río Lagares.
Calendario previsto: dende o 23 de maio ata o 20 de xuño
Dinámica da actividade:
a) Dinámica aberta para Persoas adultas: mércores e venres, dende 16:30 (punto de encontro: Mercado de Cabral) ata 19:30. Non é preciso inscrición, só presentarse no punto de encontro.
Alternativa 1: Mercado Cabral ata Fervenza e volta (4,3km); Alternativa 2: Mercado de Cabral ata Avenida de Madrid e volta (8,5km). En cada día decídese entre os participantes a alternativa a realizar.
b) Centros educativos, colectivos e asociacións: Horario en función da dispoñibilidade das entidades participantes, cunha duración prevista estimada de 2 ou 3 horas. Inscrición no 010
Trazado (Mercado Cabral ata Avda Madrid):
Lonxitude Mercado Cabral-Avda Madrid: 4,25km
Lonxitude Mercado Cabral-Avda Madrid-Mercado Cabral: 8,5km