A visita ás Illas Cíes de Camiño a Camiño deste domingo 25 de maio permitiu experimentar como se achega a estación cálida en toda a súa plenitude. Así tantos os percorridos como o poterior tempo de ocio achegaron os valores naturais dun espazo singular. En particular vimos o proceso de rexeneración da illas e algunhas curiosidades relacionadas co castro de "As hortas", a auga doce que subministra as fontes e o problema co que se atopa a gaivota patiamarela.
Tal e como se pode contemplar na reportaxe fotográfica (PREMER) as persoas inscritas na visita puideron realizar as catro rutas previstas na illa e achegarse tanto a lugares emblemáticos como a panorámicas para non esquecer. Unha mostra de seguido: