AVISOS PRÁCTICOS:
Despois da preparación da ruta realizada esta semana poidose comprobar que as pistas están moi machacadas por traballos forestais e polo impacto do inverno e procede advertir aos participantes que convén levar calzado de sendeirismo que agarre (evitar zapatillas de suela lisa que resbalan) e bastón de apoio (axuda a moverse polo chan con pedras soltas).
Tamén recomendamos levar distintas capas de roupa porque posiblemente saiamos en manga corta e ao chegar ao pico do Monte Arruidos faga un aire desapacible. Mellor levar de máis e logo non ter que empregala.
Por último é importante levar linterna ou frontal, se ben a idea é empregalo só cando se faga noite peche para así gozar do monte na penumbra.
Horarios:
20:00 Inscrición na Praza do Rei, para saír as 20:30
21:00 Inicio da ruta, con intención de chegar a ver a posta de sol polo camiño (ver abaixo foto desta semana)
00:45 -1:15 Recollida dos autobuses para regreso á Praza do Rei
![]() |
Posta de sol dende Zamáns |
![]() |
Vista nocturna de Baiona dende Monte Arruidos |
PRESENTACIÓN DA RUTA
A derradeira da rutas da tempada de Primavera'25 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo será a "Ruta nocturna polo Galiñeiro" que terá luga o sábado 31 de maio, a partir das 20h, saíndo da Praza do Rei. Está previsto chegar de volta entre 1 e 2 da mañá. Ver abaixo trazado e proceso de inscrición
Ruta nocturna da edición 2018 |
INSCRICIÓN (gratuíta)
- Dende luns 26 de maio, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Vista panorámica de Vigo en ruta nocturna |
RUTA 5 de Camiño a Camiño Primavera 2025:
Ruta nocturna polo Galiñeiro
✔ Sábado 31 de maio, as 20:00 en Praza do Rei
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto). 200 prazas
👀 Hora de rexistro de entrada: 20:00. Hora de saída: 20:30. Hora de finalización 1:00-2:00 (aprox)
🏃 Distancia: 10 km | Dificultade media (atendendo ao público de Camiño a Camiño). Elevación: 417 / -453 | Pendente media: 8.6% / -7,6% | Pendente máxima: 24,7% / -19,4%
👉 Recomendacións: levar bastóns, calzado para andar por pistas forestais, así como auga para hidratarse en ruta e tentempé. Neste caso recoméndase levar un frontal ou linterna a poder ser que conte con luz vermella para non deslumbrar ao resto de participantes.
🗾 Trazado e alzado: