Rematan as rutas da tempada de Primavera'25 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo coa espera Nocturna polo Galiñeiro, arrancando do Parque Forestal de Zamáns e transcorrendo polo sendeiro local de Zamáns.
A medida que se realizaba a ascensión foise entrando no engaiolante ambiente do Galiñeiro e das vistas panorámicas que ofrece: as rías baixas, o detalle da ría de Vigo, as panorámicas de Zamáns e a Cidade Universitaria de Vigo e o val do río Louro. Isto todo enmarcado na separación entre a conca hidrográfica de Galicia Costa e a do Miño-Sil. Logo a noite fixo o resto.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO e de seguido algunhas das instantáneas máis representativas: