A visita ás Illas Cíes de Camiño a Camiño deste domingo 18 de maio resultou, contra todo pronóstico, agradable pola climatoloxía que aguantou e pola reducida afluencia que permitiu pasear tranquilamente polas illas. Poideronse comprobar de preto os valores naturais dun espazo singular e en particular o proceso de rexeneración da illas e algunhas curiosidades relacionadas co castro de "As hortas", a auga doce que subministra as fontes e o problema co que se atopa a gaivota patiamarela.
Tal e como se pode contemplar na reportaxe fotográfica (PREMER) as persoas inscritas na visita puideron realizar as catro rutas previstas na illa e achegarse tanto a lugares emblemáticos como a panorámicas para non esquecer. Unha mostra de seguido: