A X Andaina polos montes de Vigo acolleu a 750 participantes a pesar da tormenta

A celebración da X Andaina polos Montes de Vigo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo, permitiu que preto de 750 participantes circularan polos sendeiros locais de Cabral e de Candeán, nas distintas andainas programadas. Tamén houbo actividades para as familias e actividades informativas nas que se deron a coñecer os valores ambientais dos montes de Vigo.

A climatoloxía estivo complicada ata as 11:15, momento dende o que curiosamente escampou e permitiu facer as catro andainas previstas con distintas distancias -entre 2 e 20km- e con diversos niveis de dificultade. Entre os participantes había dende cativos de corta idade ata persoas de máis de oitenta anos, póndose de manifesto que o exercicio físico no monte é apto para todas as idades e todas as intensidades. 

Próximamamente a Reportaxe fotográfica AQUI

Inicio da Andaina curta no Parque Forestal do Vixiador

Ao inicio da Andaina curta a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, deu a benvida aos participantes no Parque Forestal do Vixiador e invitou aos asistentes a gozar dos espazos naturais que nos brindan os montes de Vigo, nesta ocasión os de Candeán e de Cabral, que son unha mostra da riqueza ambiental da cidade na que se conxugan servizos recreativo-culturais con servizos hídricos ou de captación de CO2 tal e como se recollen nas exposicións presentes no parque.

Inicio da Andaina longa que circulou polos sendeioros de Cabral e Candeán

Presidente da Comunidade de Montes de Candeán, Oscar Domínguez, lembrou aos asistentes a importancia de conservar os montes de Vigo como patrimonio natural da cidade que na súa meirande parte están á disposición da cidadanía para actividades recreativas, deportivas ou culturais. 

O Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, sinalou que nestes momentos estanse a estudar coa Universidade de Vigo estes servizos ecosistémicos para avaliar o seu impacto social e como lograr a sostibilidade no tempo con contribucións públicas e privadas.

Momentos das Andainas (avance)




Actividades complementarias

O stand do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" que a Mancomunidade realiza en colaboración co Departamento de Bioloxía Ambiental da Universidade de Vigo, resumiu eses servizos ecosistémicos que proporcionan os montes de Vigo á cidade, particularmente os servizos recreativos -con parques forestais, sendeiros, espazos de interpretación etnoarquelóxica, etc-, a provisión hídrica -cos regatos, cos mananciais, coas minas, etc- e a captación de CO2 que se produce tanto nos montes productivos como nos montes protectores que se distribúen polos montes de Vigo.

Stand de Bioloxía Ambiental na Andaina25

Outras actividades protagonizadas polo IES de Beade e pola Aulta micolóxica de Beade completaron os stands presentes na X Andaina polos Montes de Vigo no que os asistentes poideron ver curiosidades sobre a micoloxía

Stand do IES de Beade
Nombre

Avisos,9,Fotos,101,Novas,245,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2025: A X Andaina polos montes de Vigo acolleu a 750 participantes a pesar da tormenta
A X Andaina polos montes de Vigo acolleu a 750 participantes a pesar da tormenta
A Concellería de Medio Ambiente e Montes de Vigo levan diante a X Andaina polos montes de Vigo con 750 participantes
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi_GPvz-VlueQRQn4eN8QvF6drnmmWp4Ebr6nxOBsG6eUoYw7XSzM1MujQXYj5KZKOrGB1wAKvfZQ5ruRvvpqFuOB9bKXTDVCEyKGTabRM6pWjY_ypsJlvxtMU4OMy0aJ2LQt7WUkNbuC_4bYV1bNtBv5kVZmD4JfOIdKEDtnlXddNRWoNYkpBNPijb8kB0/w640-h426/2025-05-12%20Andaina25a-01.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi_GPvz-VlueQRQn4eN8QvF6drnmmWp4Ebr6nxOBsG6eUoYw7XSzM1MujQXYj5KZKOrGB1wAKvfZQ5ruRvvpqFuOB9bKXTDVCEyKGTabRM6pWjY_ypsJlvxtMU4OMy0aJ2LQt7WUkNbuC_4bYV1bNtBv5kVZmD4JfOIdKEDtnlXddNRWoNYkpBNPijb8kB0/s72-w640-c-h426/2025-05-12%20Andaina25a-01.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2025
https://www.caminoacaminovigo.org/2025/05/x-andaina-polos-montes-de-vigo-resumo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2025/05/x-andaina-polos-montes-de-vigo-resumo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar