Avance da Programación de Camiño a Camiño de Outono 2025

 A Concellería de Medio Ambiente de Vigo deu a coñecer a Programación de Outono 2025 de Camiño a Camiño, no que se recollen as actividades previstas para a temporada no tocante a percorridos medioambientais, hortas urbanas e voluntariado medioambiental, así como os cursos de hortas e voluntariado. Ver CARTAZ


Percorridos medioambientais
Nesta edición destaca a serie de percorridos arredor de entornos naturais singulares a carón da Depresión Meridiana no tramo sur, pola que circulan as principais vías de comunicación de Galicia (N-550, autopista AP9 e tramos do eixo atlántico de alta velocidade) e que foi empregada polos romanos para a via XIX do itinerario Antonino e actualmente circula o Camiño portugués. Particularmente realizaranse catro rutas para coñecer as características da depresión dende a perspectiva xeolóxica, medioambiental e de interacción humana, así como diversas curiosidades históricas. 

A primeira, o día 28 de setembro, denominada “Fervenza do río Barosa” en Barro, circula sobre a propia depresión e permitirá achegarse a un tramo da vía romana XIX por onde circula o Camiño portugués. As tres seguintes rutas abordarán a panorámica da depresión dende montes circundantes: Monte Castrove en Meis (5 outubro), A Fracha en Pontevedra (12 outubro) e o Monte Galleiro en Mos (19 outubro).
A serie desta tempada remata o 26 de outubro e percorrerá a ruta do Río Barxa, afluente do Río Lagares, circulando polo tramo acondicionado polo Concello de Vigo.

Inscrición e detalles dos percorridos AQUI

Paseo polo Río Lagares en edicións anteriores

Paseos saudables pola Senda Azul do Río Lagares
O Concello de Vigo presenta a Programación de actividades de vida saudable a desenvolver no tramo alto da Senda Azul do Río Lagares entre os meses de setembro e outubro de 2025. O obxectivo é dar a coñecer este recurso de actividade física para realizar por parte de distintos grupos de poboación aproveitando a infraestrutura inaugurada a finais de 2024 e que presenta un entorno encautivador.
As actividades previstas están pensadas para persoas adultas interesadas en participar nunha actividade aberta (mércores e venres de outubro, as 16h no Mercado de Cabral) así como con diversos colectivos ou asociacións que queiran coñecer as potencialidades do tramo alto da Senda Azul do Río Lagares. 

Nesta edición, ademáis, están previstas tres andainas os sábados 27 de setembro (Mercado de Cabral-Desembocadura), 4 de outubro (Mercado de Cabral-Castrelos) e 11 de outubro (Mercado de Cabral-Avda de Madrid-Mercado de Cabral). A inscrición será no 010 durante a semana previa ata completar 100 prazas. Nas dúas primeiras andainas a volta realízase en autobús ata o punto de inicio.

Inscrición e detalles dos percorridos AQUI


Hortas urbanas e voluntariado medioambiental
Ademais dos percorridos medioambientais, no programa están incorporadas as hortas urbanas, con máis de 300 participantes, así como os voluntarios e voluntarias que todas as semanas actúan nos sendeiros locais e no Monte da Guía e fan acompañamento de cans na Caneira municipal.  Estes programas seguen a súa dinámica ata finais de outubro.

Ver máis información de HORTAS URBANAS e de VOLUNTARIADO

Están previsto realizar cursos de incorporación ás hortas urbanas os días 23, 24 e 25 de setembro, en horario de horario de 16:30 en diante, nas hortas de Navia, Fontáns e Pedro Alvarado. 

O mércores 24 de setembro, de 16:30 a 18:30, terá lugar nas instalacións de Vigo Nature o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental, que é o que habilita para poder participar nas accións programadas pola Concellería de Medio Ambiente. 

A inscrición nos cursos pódese realizar no 010 (986 81 02 60 para móbiles) ata o luns previo á actividade. 
Nombre

Avisos,9,Fotos,105,Novas,252,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2025: Avance da Programación de Camiño a Camiño de Outono 2025
Avance da Programación de Camiño a Camiño de Outono 2025
Avance da programación de Camiño a Camiño de Outono 2025. Concellería de Medio ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi19MwPc1yI44Puz-JEK4wPcYEmKkqREfM7_88n5h-Cxya8-9gnXnafJIQZRnzT-OTSrY-MGy3bR-lzWGwxVMHKWMsGC-hS6z1QIP3DZSmeesuvygSoUmnyIPUH3OLPGJ7zFm8sJGWjc1xfR6beTXen2Van4patzIEh8rF2j4ktWtRLTo8XCOChrUVub_x4/w640-h426/1a%20Foto%20principal%204T25.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi19MwPc1yI44Puz-JEK4wPcYEmKkqREfM7_88n5h-Cxya8-9gnXnafJIQZRnzT-OTSrY-MGy3bR-lzWGwxVMHKWMsGC-hS6z1QIP3DZSmeesuvygSoUmnyIPUH3OLPGJ7zFm8sJGWjc1xfR6beTXen2Van4patzIEh8rF2j4ktWtRLTo8XCOChrUVub_x4/s72-w640-c-h426/1a%20Foto%20principal%204T25.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2025
https://www.caminoacaminovigo.org/2025/09/programacion-camino-a-camino-outono-25-1.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2025/09/programacion-camino-a-camino-outono-25-1.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar